COUSAS NOSAS
Blog do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Val do Tea
Friday, December 16, 2016
TEATRO PARA REMATAR O TRIMESTRE
Esperamos con ansia que chegue A Panadaría ao Val do Tea. Será o mércores 21 para despedir o trimestre. ComO xa disfrutamos con PAN! PAN! non podiamos quedar sen ver PANAMERICANA.
Se queres ver un adianto fai clic aquí
Tuesday, November 15, 2016
EXPOSICIÓN CASTELAO
Sumándonos ao ANO CASTELAO, colocamos esta exposición que nos cedeu o Centro Cultural de Peitieiros (Gondomar).
O Ano Castelao conmemora tres
efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade
de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de "Os vellos non deben de namorarse" e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a este autor.
A
exposición foi deseñada e realizada polo debuxante Alfredo López,
Tokio, e a escritora Marta Dacosta. Conta con láminas e publicacións de e
sobre Castelao e materiais cedidos por diversas persoas: Manuela
Rodrígez Pumar, Manuel Caride Correa, os escritores Miguel Anxo Mouriño e
Marta Dacosta e o debuxante Tokio, que achega debuxos orixinais
elaborados para un audiovisual sobre "Cousas" dos anos 80, así
como unha banda deseñada sobre "Un ollo de vidro". O escritor Xulián
Moure cedeu unha copia dun deseño realizado por Castelao para Lois Soto,
probablemente inédito.
Dámoslle as grazas ao Centro Cultural ao tempo que parabéns pola iniciativa.
Dámoslle as grazas ao Centro Cultural ao tempo que parabéns pola iniciativa.
Wednesday, November 2, 2016
MÚSICAS ECOLÓXICAS
O Club de Lectura decidiu elixir a NATUREZA e a ECOLOXÍA como temas para os libros que se van ler ao longo do ano. Para poñerlle música, aí vai unha escolma de cancións en galego que falan do respecto ao medio ambiente, que denuncian agresións, que nos fan pensar sobre a responsabilidade dos humanos na conservación do planeta en xeral, e da nosa terra en particular. Algunha delas con moita retranca!
Podes escoitalas na ligazón seguinte:
LISTA DE REPRODUCIÓN DE YOUTUBE
Friday, October 21, 2016
MÁIS MÚSICA, POR FAVOR
Este curso temos novas músicas, a ver se vos gusta esta escolma. Mandade as vosas e poñémolas.
Páramo
pictures Préndeme o boi
Samu
Acaracán Nostalxias
Ezetaerra http://ezetaerre.bandcamp.com/
Nao Coma irmáns
Coro Encaixe Leverelem
Chicharron Despois do baile
Trapallada https://trapallada.bandcamp.com/
Quitalle
Quartet Arrastraches o cu polas pallas
Cinta adhesiva A praia
Xosé
Costenla Hai que ver como é a vida
Miguel Alonso Ás veces
Xan Solo Brétema sedutora
Sleeping cat
Dispara
Ruxe Ruxe http://rx.ruxeruxe.com/
MJ Pérez https://mjperez.bandcamp.com/
Tuesday, October 11, 2016
Sunday, October 9, 2016
NON QUERES QUE CHE COMA A LINGUA O GATO?
Se queres participar na organización do magosto, do entroido, dun serán; se che gusta a música en galego e queres difundila; se amas a poesía e che apetece escribir algo; se te animas como reporteiro das actividades do centro... COLABORA co Equipo de Normalización. Asiste á reunión o venres 14 no primeiro recreo na biblioteca.
Subscribe to:
Posts (Atom)