Friday, December 16, 2016

TEATRO PARA REMATAR O TRIMESTRE

Esperamos con ansia que chegue A Panadaría ao Val do Tea. Será o mércores 21 para despedir o trimestre. ComO xa disfrutamos con PAN! PAN! non podiamos quedar sen ver PANAMERICANA.

Se queres ver un adianto fai clic aquí

Tuesday, November 15, 2016

EXPOSICIÓN CASTELAO

Sumándonos ao ANO CASTELAO, colocamos esta exposición que nos cedeu o Centro Cultural de Peitieiros (Gondomar).

 O Ano Castelao conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de "Os vellos non deben de namorarse" e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a este autor.

A exposición foi deseñada e realizada polo debuxante Alfredo López, Tokio, e a escritora Marta Dacosta. Conta con láminas e publicacións de e sobre Castelao e materiais cedidos por diversas persoas: Manuela Rodrígez Pumar, Manuel Caride Correa, os escritores Miguel Anxo Mouriño e Marta Dacosta e o debuxante Tokio, que achega debuxos orixinais elaborados para un audiovisual sobre "Cousas" dos anos 80, así como unha banda deseñada sobre "Un ollo de vidro". O escritor Xulián Moure cedeu unha copia dun deseño realizado por Castelao para Lois Soto, probablemente inédito.
Dámoslle as grazas ao Centro Cultural ao tempo que parabéns pola iniciativa.




 

Wednesday, November 2, 2016

MÚSICAS ECOLÓXICAS

O Club de Lectura decidiu elixir a NATUREZA e a ECOLOXÍA como temas para os libros que se van ler ao longo do ano. Para poñerlle música, aí vai unha escolma de cancións en galego que falan do respecto ao medio ambiente, que denuncian agresións, que nos fan pensar sobre a responsabilidade dos humanos na conservación do planeta en xeral, e da nosa terra en particular. Algunha delas con moita retranca!

Podes escoitalas na ligazón seguinte:
LISTA DE REPRODUCIÓN DE YOUTUBE



Friday, October 21, 2016

MÁIS MÚSICA, POR FAVOR

Este curso temos novas músicas, a ver se vos gusta esta escolma. Mandade as vosas e poñémolas.

 

Páramo pictures  Préndeme o boi
Samu Acaracán  Nostalxias 
Nao  Coma irmáns 
Coro Encaixe  Leverelem 
Chicharron Despois do baile 
Quitalle Quartet  Arrastraches o cu polas pallas 
Cinta adhesiva  A praia 

Xosé Costenla   Hai que ver como é a vida 
Miguel Alonso  Ás veces
Xan Solo   Brétema sedutora
Sleeping cat  Dispara


Tuesday, October 11, 2016

Sunday, October 9, 2016

NON QUERES QUE CHE COMA A LINGUA O GATO?

Se queres participar na organización do magosto, do entroido, dun serán; se che gusta a música en galego e queres difundila; se amas a poesía e che apetece escribir algo; se te animas como reporteiro das actividades do centro... COLABORA co Equipo de Normalización. Asiste á reunión o venres 14 no primeiro recreo na biblioteca.
 

Tuesday, September 27, 2016

Sunday, September 18, 2016

EMPEZA O CURSO

Benvidos ao novo curso. Comezamos cunha axenda nova, baleira de anotacións, pero chea de fotos do ano pasado, de anacos de poesía e de recomendacións de música, libros, cine, festivais... Esperamos que vos sexa útil en dous sentidos, como ferramenta de traballo e como unha ventá ao que se coce no mundo da cultura galega, que é moito máis do que as televisións e xornais tradicionais amosan. Que a disfrutedes é a nosa intención.


Friday, June 17, 2016

AUDIOS TIC


Bo traballo o dos alumnos e alumnas de TIC de 1º de bacharelato coa profesora Bea Tapia. Nas seguintes ligazóns podedes escoitar uns audios feitos por eles. A primeira son anuncios recomendando musica en galego e na segunda  poemas recitados de Manuel María. Parabéns a todos e todas por este agasallo.

Aqui vai unha mostra dalgún dos grupos e cantantes que se citan nos audios:
Préndeme o Boi de Páramo Pictures 
A Rebelión das Ovellas de Manuel R. crespo 
Cen Miradas de Sonia Lebedynski 
Atapuerca de A Cona Ye-Yé 
Madrugada de Brais Morán 
Esperándote de Carlos Salgueiro 
Non Quero Perderte de Elodio y los Seres Queridos 
Ca Man de Noite Fechada
Banda Pantasma de Ruxe Ruxe 

Saturday, May 28, 2016

CAMISETA GAÑADORA

Esta é a camiseta gañadora do concurso que fixemos baixo o lema "O galego está en nós". Parabéns ao  autor, Raúl Pérez de 4º ESO.


MURAL MANUEL MARÍA

Feito por alumnado de 1º e 2º de ESO e promovido por a profesora Mara, a quen lle agradecemos a colaboración.

COORRELINGUA EN PONTEAREAS

Aí vai unha foto do concerto de Zënzar no correlingua de Ponteareas.

Ao final do concerto repartiron discos entre o alumnado, se queres escoitalos podes facelo nesta ligazón


Sunday, May 8, 2016

Cancións Manuel María


Para esta semana, para todo o ano e para sempre, porque nunca deixarán de ser fermosas, aí vai unha escolma de cancións con letras de Manuel María.
https://www.youtube.com/watch?v=yl2qQXXbtMA&list=PLbTxZpk33dfykmYhOUnTOetO4jvZG85cK&index=1





Monday, April 11, 2016

RESUCITAR A OFELIA

O luns 4 de abril vainos visitar Marta Dacosta, poetisa, mestra e sindicalista (en que orde?) para facer un obradoiro de creación poética co alumnado de Literatura Universal.
En palabras de Marta "Os poemas seleccionados tratan de varios aspectos relacionados co que denominamos “denuncia da violencia de xénero e loita pola visibilización e a igualdade da muller”, polo que ao mesmo tempo que se mostra o proceso creativo reflexiónase sobre temas como: o feminicidio, a violencia en xeral ou a visión do corpo da muller.” 
         No blog desta materia     podedes atopar máis información.

Friday, April 1, 2016

UNHA HISTORIA DE FÍOS, MULLERES E OUTROS ASUNTOS



Para reflexionar e saber que hai detrás da roupa que (non) compramos.


Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. 

Na ligazón   podes ver a ficha técnica e varios cortes da película.

Wednesday, March 30, 2016

MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO



O venres pasado estiveron no centro Lucía Aldao e María Lado. Cantaron e recitaron poemas que nos gustaron.

Velaí o poema dadaísta que, colectivamente, compuxo o alumnado.

NAZÓN DE BREOGAN

Facía unha calor de moita chispa
nas rebaixas do noso corazón
e tócolles a gaita
onde os nenos se perden como unha bandeira a media asta no baño das nenas

agora imos facer historia
para negar toda culpa e saír absolto

faime o que sabes que me gusta que me fagas
o churrasco en si
porque mo pide a sociedade
mesturando na língua memoria con desexo

seguro que ao final consigue algo do que quere
unha puta ou un mariñeiro borracho
que comprei nun chino

e esvara...

confeso que estou tola.

Friday, March 11, 2016

ALDAOLADO

Para despedir o trimestre, unha ración de poesía e música aderezada con intelixencia e retranca.
 Nesta  ligazón  pódese ver unha das súas actuacións

Monday, February 22, 2016

IV XORNADA DE CONVIVENCIA COMUNIDADE ESCOLAR IES VAL DO TEA


   ROTEIRO DOS  PETROGRIFOS E MUIÑOS DE GARGAMALA (MONDARIZ)

 SÁBADO 5 DE MARZO

►ROTEIRO NO CONCELLO DE MONDARIZ. PASA POLOS LUGARES DE GARGAMALA, BOENTE, MOURELLE E BARRO.
► PERCORRIDO CIRCULAR DE 11 KM DE ESCASA DIFICULTADE. INICIO E FIN NA IGREXA DE SANTA MARÍA DE GARGAMALA.
► SAÍDA: ÁS 10:00 DIANTE DO INSTITUTO (VEHÍCULOS PARTICULARES) E 10:30 NA IGREXA DE SANTA MARÍA DE GARGAMALA
► MENORES DEBERÁN IR ACOMPAÑADOS DALGÚN ADULTO RESPONSABLE.
► QUEN O DESEXE DEBE LEVAR ALGO DE COMER PARA XANTAR XUNTOS AO REMATE.
► RECOMENDACIÓN: LEVAR CALZADO CÓMODO RESISTENTE Á AUGA E UNHA PRENDA DE ABRIGO.
► INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: CÁNDIDO (FÍSICA E QUÍMICA) E JOSÉ MANUEL (ANPA) OU NOS ENDEREZOS: normalizacionvaldotea@gmail.com     anpavaldotea@gmail.com

Pódese ver o percorrido  nesta ligazón 

Tuesday, January 19, 2016

MICRO-RELATOS OZOCO


Xa  podedes participar na 4ª edición do concurso de micro-relatos de OZOCO. 


Bases do concurso



 



Aquí pódense ver relatos de edicións anteriores