Tuesday, November 15, 2016

EXPOSICIÓN CASTELAO

Sumándonos ao ANO CASTELAO, colocamos esta exposición que nos cedeu o Centro Cultural de Peitieiros (Gondomar).

 O Ano Castelao conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de "Os vellos non deben de namorarse" e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a este autor.

A exposición foi deseñada e realizada polo debuxante Alfredo López, Tokio, e a escritora Marta Dacosta. Conta con láminas e publicacións de e sobre Castelao e materiais cedidos por diversas persoas: Manuela Rodrígez Pumar, Manuel Caride Correa, os escritores Miguel Anxo Mouriño e Marta Dacosta e o debuxante Tokio, que achega debuxos orixinais elaborados para un audiovisual sobre "Cousas" dos anos 80, así como unha banda deseñada sobre "Un ollo de vidro". O escritor Xulián Moure cedeu unha copia dun deseño realizado por Castelao para Lois Soto, probablemente inédito.
Dámoslle as grazas ao Centro Cultural ao tempo que parabéns pola iniciativa.




 

Wednesday, November 2, 2016

MÚSICAS ECOLÓXICAS

O Club de Lectura decidiu elixir a NATUREZA e a ECOLOXÍA como temas para os libros que se van ler ao longo do ano. Para poñerlle música, aí vai unha escolma de cancións en galego que falan do respecto ao medio ambiente, que denuncian agresións, que nos fan pensar sobre a responsabilidade dos humanos na conservación do planeta en xeral, e da nosa terra en particular. Algunha delas con moita retranca!

Podes escoitalas na ligazón seguinte:
LISTA DE REPRODUCIÓN DE YOUTUBE