Nun ano no que vimos desaparecer A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Peneira... (seguro que me queda algún), rir un pouco (aínda que sexa de nós mesmos) non nos vén mal. Iso é o que temos que facer logo de ver e escoitar a este auténtico showman chamado Carlos Blanco, usando un dos nosos recursos máis característicos: a retranca. A ver se a súa/nosa reivindicación serve de algo.
Tuesday, November 22, 2011
Thursday, November 17, 2011
CONCURSO DE "POSTAIS DIXITAIS"
Non son exactamente postais, pero o título orixinal semella demasiado longo. O concurso, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística pode ser unha boa plataforma para que os "manitas" do ordenador amosen as súas habilidades. Pois nada, a animarse. Clicando na imaxe podedes acceder a toda a información.
Tuesday, November 8, 2011
CADA DÍA SOMOS MÁIS!
O primeiro paso xa está dado. A día de hoxe contamos no Equipo de Dinamización Lingüística con 78 alumnos, nada máis e nada menos. Supoñemos que a campaña "Apúntate ao Equipo G" tivo algo que ver. Agora toca canalizar toda esa enerxía na realización de actividades e iniciativas para disfrutarmos todos. Faremos grandes cousas!
A continuación deixamos unha mostra das campañas de captación de alumnos para o Equipo nos tres últimos anos. Cal che gusta máis? Vota na enquisa da marxe.
A continuación deixamos unha mostra das campañas de captación de alumnos para o Equipo nos tres últimos anos. Cal che gusta máis? Vota na enquisa da marxe.
- Curso 2009-2010
- Curso 2010-2011
- Curso 2011-2012
Subscribe to:
Posts (Atom)