Tuesday, December 20, 2011

VIDEOPARABÉNS

Este ano no Equipo G pensamos en felicitar as festas á nosa maneira. A ver que vos parece (podedes votar na enquisa da marxe).

Thursday, December 8, 2011

"INTROS" PARA "COUSAS NOSAS TV"

Grazas ao estupendo traballo dos alumnos de informática de 4º ESO, xa contamos con varias presentacións ou "intros" para o noso proxecto de televisión (Cousas Nosas TV). Visualizade cada unha delas e votade a que máis vos guste na enquisa da marxe (tamén está incluída a que emitiamos ata agora).
1.
2.
3. 
4.
 5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12.
 

Thursday, December 1, 2011

Unha lingua, un labor

Non paga a pena explicar como cheguei ata aquí; o realmente importante son as razóns que me levaron a colaborar cunha actividade tan importante como a normalización da nosa lingua. Este labor, ten un valor non só lingüístico, senón tamén persoal, posto que cun mínimo esforzo todos podemos contribuír a recuperar o bilingüismo que foi en decadencia nos últimos anos. Anímadevos a colaborar connosco rapaces!

Por que me metín no equipo G?

Ola, rapaces e rapazas, hoxe vouvos contar o motivo polo que eu me metín no equipo G. A min o ano pasado faláranme deste acontecemento, pero eu non lle fixera moito caso, entón decidín meterme este ano por probar cousas novas. Estou moi contenta de estar aquí e espero pasalo xenial.
-Bicos.