Se queres participar na organización do magosto, do entroido, dun serán; se che gusta a música en galego e queres difundila; se amas a poesía e che apetece escribir algo; se te animas como reporteiro das actividades do centro... COLABORA co Equipo de Normalización. Asiste á reunión o venres 14 no primeiro recreo na biblioteca.
Showing posts with label vida no centro. Show all posts
Showing posts with label vida no centro. Show all posts
Sunday, October 9, 2016
Monday, February 22, 2016
IV XORNADA DE CONVIVENCIA COMUNIDADE ESCOLAR IES VAL DO TEA
ROTEIRO DOS PETROGRIFOS E MUIÑOS DE GARGAMALA (MONDARIZ)
SÁBADO 5 DE MARZO
►ROTEIRO NO CONCELLO DE MONDARIZ. PASA POLOS LUGARES DE GARGAMALA, BOENTE, MOURELLE E BARRO.
► PERCORRIDO CIRCULAR DE 11 KM DE ESCASA DIFICULTADE. INICIO E FIN NA IGREXA DE SANTA MARÍA DE GARGAMALA.
► SAÍDA: ÁS 10:00 DIANTE DO INSTITUTO (VEHÍCULOS PARTICULARES) E 10:30 NA IGREXA DE SANTA MARÍA DE GARGAMALA
► MENORES DEBERÁN IR ACOMPAÑADOS DALGÚN ADULTO RESPONSABLE.
► QUEN O DESEXE DEBE LEVAR ALGO DE COMER PARA XANTAR XUNTOS AO REMATE.
► RECOMENDACIÓN: LEVAR CALZADO CÓMODO RESISTENTE Á AUGA E UNHA PRENDA DE ABRIGO.
► INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: CÁNDIDO (FÍSICA E QUÍMICA) E JOSÉ MANUEL (ANPA) OU NOS ENDEREZOS: normalizacionvaldotea@gmail.com anpavaldotea@gmail.com

Pódese ver o percorrido nesta ligazón
Monday, November 9, 2015
MAGOSTO 2015
O xoves 29 de outubro fixemos un magosto no instituto. Non faltaron as castañas, xogos como o do chocolate, a música en directo e o baile. Baixo a mirada de Rosalía e Castelao. Temos que agradecer aos músicos a súa colaboración e esperamos contar con eles e elas para outras ocasións.
Thursday, October 29, 2015
ANDAINA DO FOXO DO LOBO
ANDAINA DO FOXO DO LOBO
Día de paseo pola serra do Suído. O
bo tempo permitiunos disfrutar da paisaxe e, despois de ver o Foxo do
Lobo de Campo, rematamos xantando no xardin da Rectoral de Fofe.
Desde aquí un agradecemento aos propietarios por permitirnos
disfrutar das súas instalacións. Quedades convidados para a
próxima.
![]() |
Ao fondo a ría de Vigo, as Cíes,
Moaña e Cangas
|
Thursday, October 15, 2015
III XORNADA DE CONVIVENCIA COMUNIDADE ESCOLAR IES VAL DO TEA
ROTEIRO DO FOXO DO LOBO (COVELO)
DOMINGO 25 DE OUTUBRO
► ROTEIRO POLAS INMEDIACIÓNS DA SERRA DO SUÍDO CON VISTAS AO VAL DO TEA, FARO DE AVIÓN E, SE HAI SORTE CO TEMPO, DAS ILLAS CÍES. VEREMOS O FOXO DO LOBO E O CHOZO DE CAMPO, TODO NO CONCELLO DE COVELO.
► PERCORRIDO LINEAL DE 10 KM DE ESCASA DIFICULTADE (CASE TODO BAIXADA):
PROXIMIDADES DA ALDEA DA GRAÑA - SERRA DO SUÍDO - FOXO DO LOBO – CAMPO.
► SAÍDA: ÁS 10:00 DIANTE DO INSTITUTO (VEHÍCULOS PARTICULARES) E 10:30 NA PARTE DE ABAIXO DA RECTORAL DE FOFE.
► AO SER UN PERCORRIDO LINEAL DEBEMOS DEIXAR ALGÚN COCHE NO FINAL PARA IR RECOLLER OS OUTROS AO INICIO DA RUTA UNHA VEZ REMATADA.
► MENORES DEBERÁN IR ACOMPAÑADOS DALGÚN ADULTO RESPONSABLE.
► QUEN O DESEXE DEBE LEVAR ALGO DE COMER PARA XANTAR XUNTOS AO REMATE.
► RECOMENDACIÓN: LEVAR CALZADO CÓMODO RESISTENTE Á AUGA E UNHA PRENDA DE ABRIGO (NO ALTO SEMPRE VAI FRESCO).
► INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: CÁNDIDO (FÍSICA E QUÍMICA) E JOSÉ MANUEL (ANPA) OU NOS ENDEREZOS: normalizacionvaldotea@gmail.com anpavaldotea@gmail.com
Friday, October 9, 2015
MÚSICAS PARA EMPEZAR O DÍA
Comezamos un novo curso con músicas. Músicas en galego de todos os estilos e para todos os gustos. Existe un gran número de grupos que cantan na nosa língua aos que ás veces é difícil acceder porque non se escoitan nas radios nin nas televisións. Mesmo na Radio Galega ou na TVG, que se supón que deberían promovela e difundila é frecuente escoitar músicas dutros sitios (que tamén se poden disfrutar) cunha frecuencia que non parece moi normal.
Resulta complicado mercar os seus discos porque xa case non hai tendas de discos, e de habelas, a nosa música está nun recuncho... ou directamente non hai recuncho. Quédannos os festivais que se organizan ao longo do país, as redes sociais e algúns intentos como o noso para dala a coñecer. Desde o Equipo de Dinamización Lingüística do Val do Tea esperamos que disfrutedes e que comprobedes que non é certo aquelo de que en galego non se pode facer rock, blues, pop, rap, hip-hop, jazz ou calquera estilo que vos veña á cabeza. Sen esquecernos da música tradicional, claro está.
Benvidos ao novo curso e a cantar e bailar.
Ahí vai unha mostra cunha boa colección.
https://www.youtube.com/channel/UCveErH5VRfpyS4E3URroGfg
E a cantante do momento, Sés, cunha canción que case é un himno.
https://www.youtube.com/watch?v=7ipxI1gU-Vc
Friday, June 22, 2012
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Reporteiros e reporteiras do Equipo G recolleron un mangado de opinións antes e despois do Festival de música, que tivo lugar no salón de actos e contou cunha asistencia masiva. En xeral, parece que gustou. Ti que pensas? Vota na enquisa da marxe.
Ah! e tes máis "Novas do Val do Tea" na sección Novas do Insti, da nosa web.
Ah! e tes máis "Novas do Val do Tea" na sección Novas do Insti, da nosa web.
Saturday, June 2, 2012
ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS
O venres 18 de maio celebramos a festa das nosas letras cunha morea de actividades relacionadas directa ou indirectamente coa nosa lingua, tales como os xogos tradicionais, os xogos "on line" en galego (preguntoiro, trivial, etc.), o concurso de karaoke, a distribución de lambetadas para tinxir a lingua de azul, etc. Ademais, na entrada do centro estivo situada unha fantástica composición audiovisual sobre o poema "Cando ti volvas..." de Paz-Andrade, idea orixinal e montaxe do Departamento de Educación Plástica.
Deixamos constancia disto no seguinte vídeo:
Deixamos constancia disto no seguinte vídeo:
Friday, May 25, 2012
NOVAS DO VAL DO TEA
Este é o título provisional dunha serie de informativos que iniciamos na programación de Cousas Nosas TV. Ben, non son propiamente informativos, senón unha especie de magazines espontáneos con entrevistas sobre un tema de actualidade. O primeiro da serie dedicámolo aos futboleiros e futboleiras. Agardamos que vos guste.
Wednesday, April 18, 2012
PRECISAMOS CANCIÓNS PARA O LIPDUB
Pois si, unha vez máis, pretendemos elaborar ese vídeo musical (lipdub) no noso instituto. E para iso o primeiro que precisamos é unha canción, unha base musical (entre tres e cinco minutos de duración) en galego. Algunha idea xa temos, pero gustaríanos que achegásedes máis. Podedes deixar as vosas propostas como comentarios a esta entrada, no noso facebook, no tuenti, en twitter, ou envialas por e-mail ao enderezo normalizacionvaldotea@gmail.com.
Refresquemos a memoria co lipdub do ano pasado:
Refresquemos a memoria co lipdub do ano pasado:
Tuesday, March 27, 2012
OS CERTAMES LITERARIOS ATACAN DE NOVO
Para os que teñen algo que contar, para os que senten intensamente, para os que cren que teñen talento, para os que non... Para os que queiran, aquí está de novo a oportunidade de expresar o que levan dentro. Ánimo!, o prazo remata o 4 de maio.
Os carteis, deseñados por Berto, son realmente impactantes, ou non? Clicade nas imaxes para agrandalas e ver as bases.
Os carteis, deseñados por Berto, son realmente impactantes, ou non? Clicade nas imaxes para agrandalas e ver as bases.
Wednesday, March 14, 2012
Exposición VEXETAIS DE GALICIA
Este venres, día 16, remata a exposición sobre as especies vexetais galegas, ubicada no corredor da biblioteca. Trátase dunha mostra itinerante, elaborada polo EDL do IES Ribeira do Louro (O Porriño) e, por mor da súa demanda, temos que desmontala o venres. A exposición recolle un amplo repertorio de árbores, arbustos, plantas, herbas e flores con fotografías a tamaño real, clasificadas e nomeadas. Non a perdades, paga a pena.
Thursday, February 16, 2012
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ
Un ano máis chega a festa dos disfraces ao instituto. Este ano imos contar, entre outras, coas seguintes actividades:
A gozar!
- Torneo de xadrez
- Partido de fútbol sala entre profesores e alumnos
- Concurso de disfraces
- Concurso de coplas de entroido
A gozar!
Sunday, January 15, 2012
I CONCURSO DE COPLAS DE ENTROIDO
Por primeira vez, e agardemos que non por última, o Equipo G convoca un concurso de coplas de entroido. Que é iso? Pois trátase de composicións satíricas cuxo obxectivo é facer rir, aludindo a diversos aspectos da actualidade (a crise, a corrupción nos políticos, a televisión, etc.)
Para que nos fagamos unha idea, expoñemos a continuación o procedemento e as bases provisionais do concurso.
Procedemento:
1. Escollede a música dunha canción coñecida por todos.
2. Cambiádelle a letra por unha de elaboración propia.
3. Interpretade a nova canción no salón de actos.
Bases:
1. Poderá participar calquera alumno/a matriculado no centro.
2. Admítese a participación individual ou en grupo, ata un máximo de 5 compoñentes.
3. A interpretación das coplas terá lugar o venres 17 de febreiro e non poderá superar os 4 minutos.
4. O(s) participante(s) entregaranlle ao xurado unha copia escrita da letra que presentan.
5. O premio á mellor composición, determinada polo xurado, consistirá nun vale de 35 € para consumicións na cafetaría do centro.
Un simpático exemplo de coplas de entroido son as da comparsa Animodo, de Domaio: Disfrutádeo:

Thursday, December 8, 2011
"INTROS" PARA "COUSAS NOSAS TV"
Grazas ao estupendo traballo dos alumnos de informática de 4º ESO, xa contamos con varias presentacións ou "intros" para o noso proxecto de televisión (Cousas Nosas TV). Visualizade cada unha delas e votade a que máis vos guste na enquisa da marxe (tamén está incluída a que emitiamos ata agora).
1.
2.
3.
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12.
1.
2.
3.
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12.
Tuesday, November 8, 2011
CADA DÍA SOMOS MÁIS!
O primeiro paso xa está dado. A día de hoxe contamos no Equipo de Dinamización Lingüística con 78 alumnos, nada máis e nada menos. Supoñemos que a campaña "Apúntate ao Equipo G" tivo algo que ver. Agora toca canalizar toda esa enerxía na realización de actividades e iniciativas para disfrutarmos todos. Faremos grandes cousas!
A continuación deixamos unha mostra das campañas de captación de alumnos para o Equipo nos tres últimos anos. Cal che gusta máis? Vota na enquisa da marxe.
A continuación deixamos unha mostra das campañas de captación de alumnos para o Equipo nos tres últimos anos. Cal che gusta máis? Vota na enquisa da marxe.
- Curso 2009-2010
- Curso 2010-2011
- Curso 2011-2012
Wednesday, October 12, 2011
OLA, UNHA VEZ MÁIS!
Ola, de novo, a todos os que nos seguistes no vello blog, agora inactivo. Problemas relacionados coa xestión da conta de blogger, obrígannos a abrir este novo espazo web, que agardamos que sexa tan visitado coma o anterior.
Dende o Val do Tea para o mundo, unha vez máis!
Dende o Val do Tea para o mundo, unha vez máis!
Subscribe to:
Posts (Atom)