Friday, December 16, 2016

TEATRO PARA REMATAR O TRIMESTRE

Esperamos con ansia que chegue A Panadaría ao Val do Tea. Será o mércores 21 para despedir o trimestre. ComO xa disfrutamos con PAN! PAN! non podiamos quedar sen ver PANAMERICANA.

Se queres ver un adianto fai clic aquí

Tuesday, November 15, 2016

EXPOSICIÓN CASTELAO

Sumándonos ao ANO CASTELAO, colocamos esta exposición que nos cedeu o Centro Cultural de Peitieiros (Gondomar).

 O Ano Castelao conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de "Os vellos non deben de namorarse" e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a este autor.

A exposición foi deseñada e realizada polo debuxante Alfredo López, Tokio, e a escritora Marta Dacosta. Conta con láminas e publicacións de e sobre Castelao e materiais cedidos por diversas persoas: Manuela Rodrígez Pumar, Manuel Caride Correa, os escritores Miguel Anxo Mouriño e Marta Dacosta e o debuxante Tokio, que achega debuxos orixinais elaborados para un audiovisual sobre "Cousas" dos anos 80, así como unha banda deseñada sobre "Un ollo de vidro". O escritor Xulián Moure cedeu unha copia dun deseño realizado por Castelao para Lois Soto, probablemente inédito.
Dámoslle as grazas ao Centro Cultural ao tempo que parabéns pola iniciativa.




 

Wednesday, November 2, 2016

MÚSICAS ECOLÓXICAS

O Club de Lectura decidiu elixir a NATUREZA e a ECOLOXÍA como temas para os libros que se van ler ao longo do ano. Para poñerlle música, aí vai unha escolma de cancións en galego que falan do respecto ao medio ambiente, que denuncian agresións, que nos fan pensar sobre a responsabilidade dos humanos na conservación do planeta en xeral, e da nosa terra en particular. Algunha delas con moita retranca!

Podes escoitalas na ligazón seguinte:
LISTA DE REPRODUCIÓN DE YOUTUBE



Friday, October 21, 2016

MÁIS MÚSICA, POR FAVOR

Este curso temos novas músicas, a ver se vos gusta esta escolma. Mandade as vosas e poñémolas.

 

Páramo pictures  Préndeme o boi
Samu Acaracán  Nostalxias 
Nao  Coma irmáns 
Coro Encaixe  Leverelem 
Chicharron Despois do baile 
Quitalle Quartet  Arrastraches o cu polas pallas 
Cinta adhesiva  A praia 

Xosé Costenla   Hai que ver como é a vida 
Miguel Alonso  Ás veces
Xan Solo   Brétema sedutora
Sleeping cat  Dispara


Tuesday, October 11, 2016

Sunday, October 9, 2016

NON QUERES QUE CHE COMA A LINGUA O GATO?

Se queres participar na organización do magosto, do entroido, dun serán; se che gusta a música en galego e queres difundila; se amas a poesía e che apetece escribir algo; se te animas como reporteiro das actividades do centro... COLABORA co Equipo de Normalización. Asiste á reunión o venres 14 no primeiro recreo na biblioteca.