Thursday, October 20, 2011

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 O 4 de novembro conmemoraremos por segundo ano consecutivo o Día da Ciencia en Galego. Nesta ocasión a muller e a Química son as protagonistas, xa que se cumpren 100 anos da concesión do premio Nobel de Química a Marie Curie, a primeira muller que recibe este galardón. Organizaranse actividades, entre elas unha videoconferencia con Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística é a responsable da iniciativa.
Teredes proximamente máis novas arredor desta celebración.

Wednesday, October 12, 2011

OLA, UNHA VEZ MÁIS!

Ola, de novo, a todos os que nos seguistes no vello blog, agora inactivo. Problemas relacionados coa xestión da conta de blogger, obrígannos a abrir este novo espazo web, que agardamos que sexa tan visitado coma o anterior.
Dende o Val do Tea para o mundo, unha vez máis!