Tuesday, November 15, 2016

EXPOSICIÓN CASTELAO

Sumándonos ao ANO CASTELAO, colocamos esta exposición que nos cedeu o Centro Cultural de Peitieiros (Gondomar).

 O Ano Castelao conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de "Os vellos non deben de namorarse" e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a este autor.

A exposición foi deseñada e realizada polo debuxante Alfredo López, Tokio, e a escritora Marta Dacosta. Conta con láminas e publicacións de e sobre Castelao e materiais cedidos por diversas persoas: Manuela Rodrígez Pumar, Manuel Caride Correa, os escritores Miguel Anxo Mouriño e Marta Dacosta e o debuxante Tokio, que achega debuxos orixinais elaborados para un audiovisual sobre "Cousas" dos anos 80, así como unha banda deseñada sobre "Un ollo de vidro". O escritor Xulián Moure cedeu unha copia dun deseño realizado por Castelao para Lois Soto, probablemente inédito.
Dámoslle as grazas ao Centro Cultural ao tempo que parabéns pola iniciativa.




 

No comments:

Post a Comment