Saturday, May 28, 2016

COORRELINGUA EN PONTEAREAS

Aí vai unha foto do concerto de Zënzar no correlingua de Ponteareas.

Ao final do concerto repartiron discos entre o alumnado, se queres escoitalos podes facelo nesta ligazón


Sunday, May 8, 2016

Cancións Manuel María


Para esta semana, para todo o ano e para sempre, porque nunca deixarán de ser fermosas, aí vai unha escolma de cancións con letras de Manuel María.
https://www.youtube.com/watch?v=yl2qQXXbtMA&list=PLbTxZpk33dfykmYhOUnTOetO4jvZG85cK&index=1





Monday, April 11, 2016

RESUCITAR A OFELIA

O luns 4 de abril vainos visitar Marta Dacosta, poetisa, mestra e sindicalista (en que orde?) para facer un obradoiro de creación poética co alumnado de Literatura Universal.
En palabras de Marta "Os poemas seleccionados tratan de varios aspectos relacionados co que denominamos “denuncia da violencia de xénero e loita pola visibilización e a igualdade da muller”, polo que ao mesmo tempo que se mostra o proceso creativo reflexiónase sobre temas como: o feminicidio, a violencia en xeral ou a visión do corpo da muller.” 
         No blog desta materia     podedes atopar máis información.

Friday, April 1, 2016

UNHA HISTORIA DE FÍOS, MULLERES E OUTROS ASUNTOS



Para reflexionar e saber que hai detrás da roupa que (non) compramos.


Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. 

Na ligazón   podes ver a ficha técnica e varios cortes da película.

Wednesday, March 30, 2016

MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO



O venres pasado estiveron no centro Lucía Aldao e María Lado. Cantaron e recitaron poemas que nos gustaron.

Velaí o poema dadaísta que, colectivamente, compuxo o alumnado.

NAZÓN DE BREOGAN

Facía unha calor de moita chispa
nas rebaixas do noso corazón
e tócolles a gaita
onde os nenos se perden como unha bandeira a media asta no baño das nenas

agora imos facer historia
para negar toda culpa e saír absolto

faime o que sabes que me gusta que me fagas
o churrasco en si
porque mo pide a sociedade
mesturando na língua memoria con desexo

seguro que ao final consigue algo do que quere
unha puta ou un mariñeiro borracho
que comprei nun chino

e esvara...

confeso que estou tola.

Friday, March 11, 2016

ALDAOLADO

Para despedir o trimestre, unha ración de poesía e música aderezada con intelixencia e retranca.
 Nesta  ligazón  pódese ver unha das súas actuacións