Showing posts with label poesía. Show all posts
Showing posts with label poesía. Show all posts
Friday, June 17, 2016
AUDIOS TIC
Bo traballo o dos alumnos e alumnas de TIC de 1º de bacharelato coa profesora Bea Tapia. Nas seguintes ligazóns podedes escoitar uns audios feitos por eles. A primeira son anuncios recomendando musica en galego e na segunda poemas recitados de Manuel María. Parabéns a todos e todas por este agasallo.
Aqui vai unha mostra dalgún dos grupos e cantantes que se citan nos audios:
Préndeme o Boi de Páramo Pictures
A Rebelión das Ovellas de Manuel R. crespo
Cen Miradas de Sonia Lebedynski
Atapuerca de A Cona Ye-Yé
Madrugada de Brais Morán
Esperándote de Carlos Salgueiro
Non Quero Perderte de Elodio y los Seres Queridos
Ca Man de Noite Fechada
Banda Pantasma de Ruxe Ruxe
Saturday, May 28, 2016
MURAL MANUEL MARÍA
Feito por alumnado de 1º e 2º de ESO e promovido por a profesora Mara, a quen lle agradecemos a colaboración.
Sunday, May 8, 2016
Cancións Manuel María
Para esta semana, para todo o ano e para sempre, porque nunca deixarán de ser fermosas, aí vai unha escolma de cancións con letras de Manuel María.
https://www.youtube.com/watch?v=yl2qQXXbtMA&list=PLbTxZpk33dfykmYhOUnTOetO4jvZG85cK&index=1
Monday, April 11, 2016
RESUCITAR A OFELIA
O luns 4 de abril vainos visitar Marta Dacosta, poetisa, mestra e sindicalista (en que orde?) para facer un obradoiro de creación poética co alumnado de Literatura Universal.
En palabras de Marta "Os poemas seleccionados tratan de varios aspectos relacionados co que
denominamos “denuncia da violencia de xénero e loita pola visibilización
e a igualdade da muller”, polo que ao mesmo tempo que se mostra o
proceso creativo reflexiónase sobre temas como: o feminicidio, a
violencia en xeral ou a visión do corpo da muller.”
No blog desta materia podedes atopar máis información.
Wednesday, March 30, 2016
MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO
O venres pasado estiveron no centro Lucía Aldao e María Lado. Cantaron e recitaron poemas que nos gustaron.
Velaí o poema dadaísta que, colectivamente, compuxo o alumnado.
NAZÓN DE BREOGAN
Facía unha calor de moita chispa
nas rebaixas do noso corazón
e tócolles a gaita
onde os nenos se perden como unha
bandeira a media asta no baño das nenas
agora imos facer historia
para negar toda culpa e saír absolto
faime o que sabes que me gusta que me
fagas
o churrasco en si
porque mo pide a sociedade
mesturando na língua memoria con
desexo
seguro que ao final consigue algo do
que quere
unha puta ou un mariñeiro borracho
que comprei nun chino
e esvara...
confeso que estou tola.
Friday, March 11, 2016
ALDAOLADO
Para despedir o trimestre, unha ración de poesía e música aderezada con intelixencia e retranca.
Nesta ligazón pódese ver unha das súas actuacións
Nesta ligazón pódese ver unha das súas actuacións
Monday, November 23, 2015
ACCIÓN POÉTICA, SORTEO
Coa segunda entrega da Acción Poética informamos tamén do sorteo. Entre
aqueles/as que recompiledes 10 poemas dos que fomos deixando polo
instituto, os completedes e entreguedes ao equipo de Dinamización,
faremos un sorteo dunha camiseta con deseño galego.
O prazo
remata o 30 de abril e o sorteo farase o 16 de maio, dentro dos actos
do Día das Letras Galegas.
A ver se vos gusta esta camiseta, hai máis modelos.
Nesta segunda entrega vai outro poema de Ana Silva que, como non ides atopar na biblioteca, reproducimos completo.
Inexplicable
Paseas o teu corpo diante de min
e soan as alarmas.
Dentro de ti está
o meu código de barras.
Amores patolóxicos, Ana Silva
Thursday, November 12, 2015
ACCIÓN POÉTICA VAL DO TEA
Deixamos unha presa de poesías, anacos delas, espalladas polas portas do instituto. Están aí para collelas, lelas, gardalas, convertilas nun agasallo para quen un queira, metelas disimuladamente no peto de alguén, ou na carpeta...
Iremos repoñendo. Se alquén quere que apareza algunha que lle guste especialmente, só ten que enviárnola.
Este curso Manuel María vai estar presente en moitas ocasións, del, aí vai o poema enteiro. É o número 46 do libro Ritual pra unha tribu de concello:
un ermo de resiñada soedade.
Reprimimos a nosa incontibel
paixón, de xeito vergoñento.
Fomos incapaces de impedir
que o noso corazón se enchera
de esterco fedorento. Éramos
impotentes pra ollar a luz.
Andivemos, foscos e calados,
vida adiante, co desemulo
e a mentira nos beizos.
Nunca confiamos en ninguén.
Rematamos por estar emigrados
no fondo tebregoso de nós mesmos.
Afogamos a nosa pureza dubidosa
nun vaso de mal viño. E rematamos
queimando os soños máis ousados
no lume dun cigarro detestabel.
Tuesday, March 27, 2012
OS CERTAMES LITERARIOS ATACAN DE NOVO
Para os que teñen algo que contar, para os que senten intensamente, para os que cren que teñen talento, para os que non... Para os que queiran, aquí está de novo a oportunidade de expresar o que levan dentro. Ánimo!, o prazo remata o 4 de maio.
Os carteis, deseñados por Berto, son realmente impactantes, ou non? Clicade nas imaxes para agrandalas e ver as bases.
Os carteis, deseñados por Berto, son realmente impactantes, ou non? Clicade nas imaxes para agrandalas e ver as bases.
Subscribe to:
Posts (Atom)










