Comezamos un novo curso con músicas. Músicas en galego de todos os estilos e para todos os gustos. Existe un gran número de grupos que cantan na nosa língua aos que ás veces é difícil acceder porque non se escoitan nas radios nin nas televisións. Mesmo na Radio Galega ou na TVG, que se supón que deberían promovela e difundila é frecuente escoitar músicas dutros sitios (que tamén se poden disfrutar) cunha frecuencia que non parece moi normal.
Resulta complicado mercar os seus discos porque xa case non hai tendas de discos, e de habelas, a nosa música está nun recuncho... ou directamente non hai recuncho. Quédannos os festivais que se organizan ao longo do país, as redes sociais e algúns intentos como o noso para dala a coñecer. Desde o Equipo de Dinamización Lingüística do Val do Tea esperamos que disfrutedes e que comprobedes que non é certo aquelo de que en galego non se pode facer rock, blues, pop, rap, hip-hop, jazz ou calquera estilo que vos veña á cabeza. Sen esquecernos da música tradicional, claro está.
Benvidos ao novo curso e a cantar e bailar.
Ahí vai unha mostra cunha boa colección.
https://www.youtube.com/channel/UCveErH5VRfpyS4E3URroGfg
E a cantante do momento, Sés, cunha canción que case é un himno.
https://www.youtube.com/watch?v=7ipxI1gU-Vc
No comments:
Post a Comment