Para reflexionar e saber que hai detrás da roupa que (non) compramos.
Por moi finos que sexan, detrás de
todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que
traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra
perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se
atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil
aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros
lugares, nos nós deste sistema.
Na ligazón podes ver a ficha técnica e varios cortes da película.
No comments:
Post a Comment