Showing posts with label novas. Show all posts
Showing posts with label novas. Show all posts

Saturday, May 28, 2016

CAMISETA GAÑADORA

Esta é a camiseta gañadora do concurso que fixemos baixo o lema "O galego está en nós". Parabéns ao  autor, Raúl Pérez de 4º ESO.


Friday, June 22, 2012

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Reporteiros e reporteiras do Equipo G recolleron un mangado de opinións antes e despois do Festival de música, que tivo lugar no salón de actos e contou cunha asistencia masiva. En xeral, parece que gustou. Ti que pensas? Vota na enquisa da marxe.
Ah! e tes máis "Novas do Val do Tea" na sección Novas do Insti, da nosa web.


Friday, May 25, 2012

NOVAS DO VAL DO TEA

Este é o título provisional dunha serie de informativos que iniciamos na programación de Cousas Nosas TV. Ben, non son propiamente informativos, senón unha especie de magazines espontáneos con entrevistas sobre un tema de actualidade. O primeiro da serie dedicámolo aos futboleiros e futboleiras. Agardamos que vos guste.


Wednesday, March 14, 2012

Exposición VEXETAIS DE GALICIA

Este venres, día 16, remata a exposición sobre as especies vexetais galegas, ubicada no corredor da biblioteca. Trátase dunha mostra itinerante, elaborada polo EDL do IES Ribeira do Louro (O Porriño) e, por mor da súa demanda, temos que desmontala o venres. A exposición recolle un amplo repertorio de árbores, arbustos, plantas, herbas e flores con fotografías a tamaño real, clasificadas e nomeadas. Non a perdades, paga a pena.

Wednesday, March 7, 2012

CANLETV. A web do audiovisual galego

Logo de que desaparecese "FlocosTV", por fin volvemos ter unha páxina na que está reunida unha parte da produción audiovisual en Galiza. Trátase dun portal que depende da AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) e que se configura como mostra ou escaparate dos nosos artistas.
A web chámase canletv e, a partir de agora mesmo, estará na nosa lista de ligazóns. Como aperitivo colgamos esta curta de animación: A espía que xurdiu do fillo (2006), obra de Fran Pedreira.

Wednesday, February 8, 2012

Un novo xornal dixital en galego: PRAZA PÚBLICA

Dende hai máis dunha semana xa funciona, e ben, Praza Pública, un novo xornal que emprega o galego como lingua exclusiva. Canta falta facía!

Tuesday, January 31, 2012

"OS RESENTIDOS" VOLVEN 30 ANOS DESPOIS

Foi a primeiros dos anos 80 cando, no marco da chamada "movida viguesa", xurdiu o primeiro grupo de rock que empregou e popularizou o galego nas súas composicións. Hoxe resúltanos estraño e case exótico oír unha canción en galego nas emisoras de radio xeneralistas. Pois ben, daquela Os resentidos chegaron a ser uns auténticos supervendas e o seu tema "Galicia caníbal" escoitouse nas ondas, non só en Galiza, senón tamén no resto do estado. Un precedente que deu lugar máis adiante ao "rock bravú", ao que se engancharon un feixe de grupos que tamén compuñan en galego. Actualmente, por fortuna, contamos cun amplo abano de intérpretes na nosa lingua e, dalgún xeito, debémosllelo, como non, aos resentidos.
O seu concerto de retorno terá lugar en Ourense o 12 de maio.

Tuesday, November 22, 2011

OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN. Ensaio sobre a retranca

Nun ano no que vimos desaparecer A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Peneira... (seguro que me queda algún), rir un pouco (aínda que sexa de nós mesmos) non nos vén mal. Iso é o que temos que facer logo de ver e escoitar a este auténtico showman chamado Carlos Blanco, usando un dos nosos recursos máis característicos: a retranca. A ver se a súa/nosa reivindicación serve de algo.

Thursday, October 20, 2011

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 O 4 de novembro conmemoraremos por segundo ano consecutivo o Día da Ciencia en Galego. Nesta ocasión a muller e a Química son as protagonistas, xa que se cumpren 100 anos da concesión do premio Nobel de Química a Marie Curie, a primeira muller que recibe este galardón. Organizaranse actividades, entre elas unha videoconferencia con Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística é a responsable da iniciativa.
Teredes proximamente máis novas arredor desta celebración.

Wednesday, October 12, 2011

OLA, UNHA VEZ MÁIS!

Ola, de novo, a todos os que nos seguistes no vello blog, agora inactivo. Problemas relacionados coa xestión da conta de blogger, obrígannos a abrir este novo espazo web, que agardamos que sexa tan visitado coma o anterior.
Dende o Val do Tea para o mundo, unha vez máis!