Xa podedes participar na 4ª edición do concurso de micro-relatos de OZOCO.
Bases do concurso


![]() |
Ao fondo a ría de Vigo, as Cíes,
Moaña e Cangas
|
Comezamos un novo curso con músicas. Músicas en galego de todos os estilos e para todos os gustos. Existe un gran número de grupos que cantan na nosa língua aos que ás veces é difícil acceder porque non se escoitan nas radios nin nas televisións. Mesmo na Radio Galega ou na TVG, que se supón que deberían promovela e difundila é frecuente escoitar músicas dutros sitios (que tamén se poden disfrutar) cunha frecuencia que non parece moi normal.